Gabriel Alén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Cenlle, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cenlle |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Gabriel Alén Castro, nado en Ourense en 1977,[1] é un mestre e político galego do PPdeG
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre especialista en Educación Física pola Universidade de Vigo en 2000. Foi concelleiro de Cultura en Cenlle. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde con maioría absoluta[Cómpre referencia].
Compaxinou a súa actividade de mestre coa alcaldía ata que en marzo de 2020 presentou a súa renuncia á alcadía para ir nas listas do PP ás eleccións galegas de abril dese ano.[1][2]
Logo de ocupar o seu posto como deputado do Parlamento de Galicia por uns meses, en setembro de 2020 foi elixido como Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Gabriel Alén Castro - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "Gabriel Alén: “Non foi algo premeditado"". La Región (en castelán). 2 de marzo de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "Gabriel Alén, nuevo delegado de la Xunta de Galicia en Ourense". La Región. 17 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Composición do Parlamento de Galicia Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
Predecesor: Manuel García Montero |
Alcalde de Cenlle 2011 - 2020 |
Sucesor: José Manuel Rodríguez Lamas |